Galiza
Claves para un modelo de xestión pesqueira
Enviado por admin em Domingo, 2010-05-30 08:41

"A Política Común de Pesca (PCP) da Unión Europea a debate. Claves para un modelo de xestión pesqueira con futuro" é un documento de Ecoloxistas en Acción e Verdegaia no que se aborda a grave situación da pesca en Europa e se dan claves como unha aposta pola pesca artesanal, a redución da capacidade de pesca, o achegamento do xestor e o produtor ou unha xestión que analice e garanta uns ecosistemas mariños sans e en equilibrio.
O proceso exterminador da nosa lingua
Enviado por vminho em Segunda, 2010-04-05 02:11
![]() |
O galego veuse mantendo polo uso das familias e do pobo en xeral nas súas relacións cotiáns. Os cambios do campo a cidade, a sangría da emigración, a escolarización en castelán con contidos alleos, a desvalorización de Galiza e do propio, o mantemento, a acentuación da discriminación e represión do galego como idioma polo réxime franquista. A todo isto hai que engadir a enorme presión dos medios de comunicación dende o século pasado, principalmente o cinema a partir dos 40, a radio nos 50, e a televisión, nos 60, que actúan como auténticos impositores lingüísticos do castelán e de realidades alleas, teñen feito moito dano a lingua galega. |
ADEGA COLABORA COA USC NA MEDICIÓN DO GAS RADON NAS VIVENDAS GALEGAS
Enviado por admin em Terça, 2010-03-23 09:24
O estudo permitirá detectar cales son as zonas de alto risco de gas radon en Galiza.
Galiza é unha das zonas máis afectadas do Estado por estas radiacións debido á predominancia de solo granítico.
ADEGA reclama á Xunta que se teña en conta o RADON nas Normas de Habitabilidade, como establecían as Normas do Hábitat precedentes.
Lugo, a 22 de marzo de 2010.-
Supresión dos dereitos dos grandes dependentes
Enviado por admin em Terça, 2010-03-16 11:07
![]() |
A secretaria de Benestar do PSdeG, Beatriz Sestayo, mantivo hoxe unha xuntanza con máis dunha trintena de alcaldes, concelleiros e portavoces socialistas para abordar o novo decreto da Xunta que regula o procedemento da Lei da Dependencia. Un decreto que segundo advertiu Sestayo “suporá a supresión dos dereitos de grandes dependentes”, tal e como está xa a acontecer co arquivo de moitas das solicitudes presentadas. |
Youtube revela que Roberto Varela si dixo "Desván de los Monjes"
Enviado por admin em Terça, 2010-03-09 10:43
As deputadas do grupo parlamentar do BNG Ana Pontón e Carme Adán emprazan ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela, a que rectifique publicamente no Parlamento as súas declaracións negando terse referido a Sobrado dos Monxes e Touro como Desván de los Monjes e Toro en Fitur.
QUEREMOS GALEGO.- O 'Enterro do Burrador' na Estrada
Enviado por admin em Quarta, 2010-02-17 20:13Lección de dignidade ao empregar o galego na gala dos Goya
Enviado por admin em Terça, 2010-02-16 11:13
|
|
|
| O Bloque Nacionalista Galego quer transmitir hoxe os seus parabéns a Luís Tosar por ter conquistado o Premio Goya ao mellor actor. Este galardón supón sen dúbida unha moi boa noticia non só para o actor de Lugo, senón tamén para o audivisual galego, do que Tosar é xa un referente indiscutíbel. |
Un ataque á dignidade, institucións e autogoberno da Galiza
Enviado por vminho em Segunda, 2010-02-08 11:38
![]() |
O BNG reuniu hoxe a súa dirección para, nunha Executiva Nacional extraordinaria, analisar o recurso de inconstitucionalidade apresentado polo Estado contra a Lei de Caixas galega. Ao termo da reunión, o portavoz nacional compareceu ante a imprensa na compaña dos membros da Executiva Nacional. No acto informativo, o líder do BNG cualificou a acción do Goberno do Estado contra a Lei de Caixas “un ataque á dignidade, institucións e autogoberno de Galiza”. |
Incumprimento grave da Lei de Transparencia por parte da Xunta
Enviado por vminho em Sábado, 2010-02-06 11:20
![]() |
O voceiro da Área Institucional do Grupo Parlamentar dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, denunciou hoxe, en rolda de prensa, o incumprimento “grave” da Lei de Transparencia por parte do Goberno de Feijoo. Lage solicitou hoxe a comparecencia de Alfonso Rueda, Conselleiro da Presidencia, para clarexar a gravidade destes feitos denunciados no día de hoxe. |






