Un investimento de 1,7 millóns de euros mellorará o abastecemento nos concellos de Tui e Tomiño
O Consello da Xunta autorizou un acordo de colaboración técnico-financeira entre o Goberno galego e os concellos de Tui e Tomiño, ambos os dous na provincia de Pontevedra, para executar a obras do colector xeral do río Furnia, proxecto ao que se destinaran 1,7 millóns de euros e que dará servizo a unha poboación de máis de 1.160 habitantes.
A Consellería de Medio Ambiente financiará o 100% do custo da obras, que se executarán nun período de oito meses. O colector recollerá as augas residuais e estas serán posteriormente conducidas para o seu tratamento na estación depuradora de Guillarei. Con esta actuación, destacan desde a Xunta, apróbase a segunda acción en materia hidráulica no concello de Tomiño en menos de dúas semanas.
In: Un investimento de 1,7 millóns de euros mellorará o abastecemento nos concellos de Tui e Tomiño - O Consello da Xunta autorizou un acordo de colaboración técnico-financeira entre o Goberno galego e os concellos de Tui e... [A Peneira]