O proceso exterminador da nosa lingua
Enviado por vminho em Segunda, 2010-04-05 02:11
![]() |
O galego veuse mantendo polo uso das familias e do pobo en xeral nas súas relacións cotiáns. Os cambios do campo a cidade, a sangría da emigración, a escolarización en castelán con contidos alleos, a desvalorización de Galiza e do propio, o mantemento, a acentuación da discriminación e represión do galego como idioma polo réxime franquista. A todo isto hai que engadir a enorme presión dos medios de comunicación dende o século pasado, principalmente o cinema a partir dos 40, a radio nos 50, e a televisión, nos 60, que actúan como auténticos impositores lingüísticos do castelán e de realidades alleas, teñen feito moito dano a lingua galega. |
In: O proceso exterminador da nosa lingua - [Mundo Galiza - Novidades]
