DEFENDÁMONOS DOS ABUSOS DAS GRANDES COMPAÑIAS.
Nestes dias estou a sentir , na miña propia pel, todo o peso da arbitrariedade e do poder das grandes compañias que nos fornecen luz , gás, ou telefonos.
No meu caso o conflicto foi con gás Natural-Unión FENOSA, mas poderia ser con cualquer outra das grandes compañias. Estas pactaron có Goberno de España um curioso sistema de recadación e de suministro do seu producto, que para o consumidor normal escápaselle á sua comprensión. As compañias que explotan o recurso non son as que cobran aos usuarios. Por outra parte conseguiron a prerrogativa de poder facturar sen necesitaren saber o consumo dos usuarios. Legalmente! E , para aforrar persoal revisan o gasto cada 2 meses pero poden facturar cada mes .
E os cidadans , que temos muito mais qe fazer que andar revisando a letra pequena das facturas, a maior parte das veces non reclamamos o facturado. Ah! Mais si reclamamos ainda é pior. Necesitase ter muito tempo disponíbel para discutir , escreber, consultar, reclamar por cada factura que , na maioria dos casos ,reflicte valores “inventados” por eles sobre un suposto consumo.
O Consumidor encóntra-se indefenso diante do acoso e da prepotencia dos distribuidores destes servizos que hoxe consideramos básicos para un nivel de vida normal.(luz , aquecemento, teléfono). Tamén de internet. Estes servizos tén um prezo e é xusto que paguemos aquel que sexa o correcto. Mas este prezo é sempre o resultado de pactos entre as grandes compañias e os Gobernos sen ter en conta aos usuarios. Tampouco deberiamos pagar por algo que non consumimos apreciado unilateralmente polas ampresas que tén , ademais , a prerrogativa de enviar os nosos datos a Rexistros de Morosos sen necesidade de aviso . Como é posíbel que unha Compañia te inclua nun Rexistro de Morosos sen antes enviarche a factura que di que debes? Pois iso acontece. E , polo visto, con mais frecuencia do que pensamos.
Non deberiamos consentir que nos abusasen desta maneira. Alain Touren publica un interesante artigo, ( El País,6/1/10) en que analisa as tres grandes crises en que estamos mergullados: A Ecolóxica a Económica e a Moral ou de corrupción expresada no grande descontento político que está xeralizado entre a cidadania. As grandes Compañias son responsábeis pola degradación ambiental ,polas grandes cantidades de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro, a destrución da paisaxe, a contaminación dos rios, etc, cousa que fan na mais grande impunidade. Son responsábeis da crise económica porque os seus grandes beneficios acumúlanse nas poucas mans de quen as dirixe que busca sempre o lucro rápido. Muito dese lucro non se obtivo pola producción de bens de consumo, senón pola especulación favorecida por teren aceso a información privilexiada, e son tamén responsábeis do grande descontento hacia os sistemas políticos supostamente democráticos ,como no que estamos na actualidade na Europa ,porque os grandes capitais que acumulan poden comprar vontades e implican un grande poder.
A pesar diso vivimos nun Estado de Dereito . Debemos reclamar ante calquera arbitrariedade ou asalto aos nosos diereitos. Protestar ate ficar roncas/os. Exercer como cidadans , ainda que para iso teñamos que gastar unha parte do noso tempo. Dicíao nesoutro dia unha nova empresaria que era abusada por facturas de luz que nada tiñan que ver có seu consumo real. Desesperada diante da falta de atendimento as suas reclamacións: <<Esta non é a miña loita. Eu quero gastar o meu tempo en por a funcionar unha pequena empresa>> .
Pero vai ser que si. Que esa terá que ser tamén a nosa loita. Unha loita ingrata, porque non hai interlocutor responsábel do outro lado do teléfono. Por que eles son mui poderosos e nos andamos agobiadas polos nosos problemas diarios. Porque tén bufetes de abogados a traballaren para eles. Mas témolo que facer. Entre todas/os teremos que reclamar prezos xustos e atendimento para os servizos básicos de Luz , Aquecemento, Teléfono etc. Existe um servizo oficial na Xunta dependente da Conselleria de Industria. Poñamolo a funcionar. É gratuito. Somos muitas/os os clientes e poucos os productores.Fomos deixando que os dereitos básicos ficasen nunhas poucas mans, pero nos somos mais e dependen eles de nos. Fagamos coas nosas protestas o tempo da cidadania.