Mundo Galiza - Novidades

Conteúdo sindicado
Actualizado: há 10 horas 20 minutos atrás

Ana Pontón cualifica de "declaración virtual" o ano da lectura

10 horas 20 minutos atrás

A deputada do grupo parlamentar do BNG Ana Pontón reclamou hoxe da Consellaría de Cultura que rectifique a súa política de fomento do libro e da lectura por ir en detrimento, a través dos recortes nas modificacións presupuestarias, das bibliotecas e da promoción do libro en galego, “unha política que non encaixa precisamente co que deberan ser os obxectivos do Ano do Libro e a Lectura”.

Categorias: Galiza, Notícias

A Dirección de Correos “dilapidou” máis de 220.000 € en Pontedeume

10 horas 20 minutos atrás

A CIG-Correos de Ferrol vén de denunciar a “ gran chapuza ” da Dirección de Correos nas obras de reforma da oficina de Pontedeume, á que se destinaron uns 220.000 € entre indemnizacións aos veciños, aluguer, gastos de mantemento, impostos e reformas de habilitación no garaxe, entre outros. Unha cantidade que, segundo os cálculos de CIG-correos tería permitido investir nunha oficina nova, sen problemas estruturais, ou formalizar 220 contratos de traballo durante 220 meses, garantido o servizo nas zonas da comarca que quedan sen repartir.

Categorias: Galiza, Notícias

Educación pecha unitarias, elimina unidades nos centros e recorta o profesorado

10 horas 20 minutos atrás
A CIG-Ensino denuncia que despois das reunións informais, “que non Xuntas de Persoal”, tal e como marca a lexislación vixente, mantidas nas xefaturas territoriais de A Coruña, Lugo e Ourense, a administración non vai cubrir a maioría das peticións de profesorado dos centros educativos trasladadas pola central sindical. “O caso máis sangrante”, afirman,  é o de Pontevedra, onde nin sequera se fixo a reunión, quedando esta para setembro, cando xa están feitos os nomeamentos do profesorado.
Categorias: Galiza, Notícias

O BNG reclama a introdución do galego como lingua referente na Xustiza

10 horas 20 minutos atrás
O deputado do grupo parlamentar do BNG Bieito Lobeira reclamou a introdución do galego como lingua normal de traballo e de uso preferente na administración de Xustiza en Galiza, co fin de garantir o dereito a que toda persoa poida utilizar e ser atendida no idioma galego en calquera trámite ou procedimento deste ámbito, en todas e cada unha das partes dos procesos xudiciais, rexistrais e notariais, tanto oralmente como por escrito.

Categorias: Galiza, Notícias

Extender a banda larga ao rural pontevedrés

10 horas 20 minutos atrás
O operador público de telecomunicacións RETEGAL comeza hoxe os traballos de construción dunha nova torre de telecomunicacións no Concello pontevedrés de Meis. Esta actuación inscríbese no marco do Plan Director de Banda Larga da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Proxecto Repoblar da Deputación de Pontevedra para dotar de conexión á Internet aos núcleos rurais da provincia.
Categorias: Galiza, Notícias

PT confirma venda da Vivo por 7,5 mil milhões

10 horas 20 minutos atrás
A Portugal Telecom confirmou hoje a venda da sua posição na Vivo à Telefónica por um valor global de 7,5 mil milhões de euros e a celebração de uma parceria com a Oi que prevê a aquisição de uma participação nesta empresa de 22,38 por cento.

Categorias: Galiza, Notícias

Campioas do Mundo de Vaurien Femenino

10 horas 20 minutos atrás
Eslovaquia deixou patente a superioridade dos equipos galegos de Vaurien. Desprazados a semana pasada para disputar o mundial da categoría que concluía este fin de semana en Liptovska Mara, as condicións meteorolóxicas foron as grandes protagonistas, con mangas anuladas ou recortadas sen que se puidesen completar na súa totalidade, posto que vento non superou os 3 nós ata a última xornada.

Categorias: Galiza, Notícias

Decretos de Xestión Integrado e do Plan de Ordenación de RR.HH do Sergas

10 horas 20 minutos atrás
As organizacións sindicais (OO.SS.) con representación na Mesa Sectorial de Sanidade puidemos comprobar, nas últimas xuntanzas da mesa, a existencia dunha inexplicable presa por parte da Administración para sacar adiante e atropeladamente, e aproveitando os días previos ás vacacións estivais, as bases de dous temas da maior transcendencia en materia de persoa e asistencial como son os de Xestión Integrada e o do Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS.
Categorias: Galiza, Notícias

Campaña para que a mocidade se sume á folga xeral

10 horas 20 minutos atrás
A CIG vén de presentar a campaña que baixo o lema “Non á explotación xuvenil! Emprego digno para a mocidade!, acordou pór en marcha para chamar á mobilización dos mozos e mozas da central sindical, para que participen nos actos previos á folga xeral e se sumen a convocatoria do 29 de setembro. Margarida Corral, secretaria confederal de Muller e Mocidade advertiu da especial incidencia que terá a reforma laboral para este colectivo que atravesa unha dura situación laboral e socioeconómica, tal e como constata o informe “Mocidade e Emprego”, elaborado polo Gabinete Técnico de Economía.

Categorias: Galiza, Notícias

Plante para que se aprace o debate da reforma laboral

10 horas 20 minutos atrás
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, encabezou  un plante na Comisión de Traballo do Congreso para solicitar o aprazamento do debate das emendas á lei de reforma laboral debido a que “as presas do PSOE están a producir auténticas contradicións nas propostas de transaccionais”.

Categorias: Galiza, Notícias

Como en Catalunya, fóra as touradas de Galiza!

10 horas 20 minutos atrás
O Parlament de Catalunya ven de aprobar por 68 votos a favor, 55 en contra e 9 abstencións a abolición das touradas após de 2012. Este fito histórico abre a porta para que outros territorios rematen definitivamente coa vergoñenta "festa nacional", que en Galiza, malia á ampla oposición social, ten aínda algúns redutos. Precisamente este sábado 31 en Pontevedra, a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra mobilízase para denunciar a tortura convertida en espectáculo da “feria taurina”, demandando o cese de calquera promoción ou soporte público ás touradas, a modificación da lexislación para abolir a tauromaquia e a declaración de Pontevedra como cidade antitaurina e amiga dos animais.

Categorias: Galiza, Notícias

Contaminación atmosférica por ozono en Pontevedra

10 horas 20 minutos atrás
A estación de vixilancia da calidade do aire de Pontevedra, xestionada pola Xunta, rexistrou onte martes 27 de xullo altos níveis de contaminación por ozono troposférico, chegándose a superar o limiar de información á poboación. Porén, a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non advertiu ao conxunto da poboación pontevedresa desta superación, limitándose a divulgar os datos na sua web sobre calidade do aire. Dadas as elevadas temperaturas é probable que hoxe pola tarde se volva superar o limiar de informacion á poboación de contaminación por ozono.

Categorias: Galiza, Notícias

Improvisación de Feijóo ao gastar 1.600 millóns dos 2.600 que ten que devolver ao Estado

Quinta, 2010-07-29 05:23

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, criticou hoxe a “incoherencia” do Goberno de Feijóo, que o pasado ano gastou 1.600 millóns de euros dos 2.600 que a Xunta lle ten que devolver agora ao Estado. Vázquez fixo estas declaracións nunha entrevista á Cope, na que lembrou tamén que hai seis meses, cando se aprobou este sistema de devolución no Consello de Política Fiscal, o PP votou a favor, “e agora di que non quere pagar”.

Categorias: Galiza, Notícias

Solicitan a disolución do concello de Gondomar ante a inestabilidade política e xudicial

Quinta, 2010-07-29 05:23

O PSdeG rexistrou hoxe a petición formal para que o Goberno galego, a través da Consellaría de Presidencia, solicite o inicio do procedemento de disolución do concello de Gondomar (Pontevedra) ante a situación de “inestabilidade institucional, xurídica e política” existente. A secretaria de Política Municipal e voceira do PSdeG, Mar Barcón, anunciou en rolda de prensa a presentación desta solicitude “que ten por obxecto a defensa dos intereses xerais e dos dereitos dos veciños e veciñas de Gondomar”, sinalou.

Categorias: Galiza, Notícias

Rexeitan a reconversión das caixas de aforros

Quinta, 2010-07-29 05:23
Dende a aprobación do FROB, a CIG-Banca vén denunciando que estabamos ante o inicio dun proceso de privatización das Caixas de Aforros que seguía o guión de procesos anteriores noutras empresas públicas: unha fase de centralización e concentración, acompañada cunha fase de saneamento con diñeiro público e reconversión laboral impulsada polo FROB e, por último, a súa privatización e entrega a investidores privados a través da LORCA (Lei de Caixas Estatal). O FROB apoiado polo PSOE e o PP preparou o camiño, e a nova LORCA, pactada de novo polo PP e o PSOE a nivel estatal, avanza por varias vías no camiño da transformación das Caixas en bancos privados.
Categorias: Galiza, Notícias

As incongruencias do Goberno de Núñez Feijóo

Quinta, 2010-07-29 05:23

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentar dos Socialistas de Galiza, María José Caride, denunciou hoxe en rolda de prensa as “incoherencias da política fiscal e financeira do Goberno de Núñez Feijoo”, no día en que se reúne o Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF). Ademais esixiulle ao Presidente da Xunta que presente no Parlamento ás forzas políticas da Cámara un programa para dinamizar a economía galega e saír da crise. Advirte que a política de Feijóo é “incoherente”, e afirma que “esta circunstancia debilita o argumento no que se apoia a petición de aprazar a devolución dos 2.584 millóns de euros”,  recibidos pola comunidade por anticipos.
Categorias: Galiza, Notícias

Manifestación contra as touradas en Pontevedra

Quarta, 2010-07-28 17:00
Manifestación contra as touradas en Pontevedra, o sábado 31 de xullo ás 20:00 na Praza da Peregrina. A tortura non é arte nen cultura.
Categorias: Galiza, Notícias

As irregularidades na canceira pasan factura ao concello de O Carballiño

Quarta, 2010-07-28 17:00
O concello de O Carballiño recibiu entre marzo e decembro de 2006, dúas partidas económicas que ascendían a 250.000 euros para obras e melloras na canceira municipal. Ditas melloras non chegaron a executarse pero a inversión dos cartos esvaeceuse.

Categorias: Galiza, Notícias

Manobras sospeitosas de Fomento para ampliar o aeroporto de Alvedro

Quarta, 2010-07-28 17:00
Os técnicos de AENA xa comenzaron a "visitar" Culleredo apesar de que o Ministerio de Medio Ambiente aínda non contestou ás 14.000 alegacións apresentadas en maio do 2009. A insistencia de Fomento en realizar esta obra, enviando por diante aos técnicos de AENA a coaccionar á veciñanza, fai que ADEGA sospeite que detrás deste proxecto hai algo máis que localismo, e talvez agoche intereses especulativos. Resulta difícil de atopar xustificación a unha obra baseada en estimacións e necesidades irreais e que o estudo preliminar cualifica de "impacto medioambiental, cultural e social severo".
Categorias: Galiza, Notícias

"Feijóo parapétase detrás das declaracións de Fraga para negar os dereitos ...

Quarta, 2010-07-28 17:00

A secretaria de Organización do BNG, Montse Prado, concedeu esta tarde unhas declaracións á Web nacional para avaliar a recente intervención pública do ex presidente da Xunta Manuel Fraga en que este negaba a condición de Galiza como nación.

Categorias: Galiza, Notícias